A Segoviana acada en Carballo unha remontada con polémica
Con empate foille anulado un gol legal a Antón Escobar
O Bergantiños adiantouse no minuto 5 e acabou perdendo cun gol no 90
Non podía principiar mellor o partido para o Bergantiños. Aos cinco minutos marcaba Carlos López no primeiro achegamento sobre a porta da Segoviana. O primeiro tempo deixounos ocasións claras para os dous equipos pero o marcador xa non se movería.
Foi no primeiro minuto da segunda parte cando a Segoviana acadou o empate cun tanto de Rafa Llorente. A partir de aí o Bergan colleu o mando do partido e dispuxo de innumerables oportunidades. A máis clara un gol anulado a Antón Escobar no 70 por un fóra de xogo inexistente.
A Segoviana defendíase con seriedade e no minuto noventa argallou unha contra culminada por Diego Gómez no definitivo 1-2.