Publicador de contidos

Publicador de contidos

A secuela dos incendios na saúde física e mental

A secuela dos incendios na saúde física e mental

Nas zonas de incendios aumentan as consultas por problemas relacionados coas vías respiratorias e tamén os casos de afección psicolóxica

Imaxes de danos nunha vivenda á que chegou o incendio forestral en Carballeda de Valdeorras
G24.gal 21/07/2022 13:36

O efecto destrutivo dos incendios ten tamén na saúde física e mental das persoas unha compoñente moi relevante aínda que as lapas non cheguen a alcanzala directamente.
Non fai falla estar na fronte do lume para sufrilo, pois cando o fume se espalla chegan os primeiros efectos, como corroboran sanitarios na comarca de Valdeorras.

"Xente que habitualmente non tiña problemas vén ás consultas con que lles pica a gorxa, que lles custa un pouquiño respirar, que lles rasca —din eles—, e é por culpa do fume, polo que hai que recomendar coidado porque nuns días non é demasiado bo estar moi exposto ao aire.
Notamos unha incidencia, un pequeno aumento da incidencia das patoloxías respiratorias, sobre todo irritacións na larinxe e a farinxe e tamén daqueles pacientes que xa sofren problemas crónicos que se agudizan coa respiración do fume. Tamén temos patoloxía conxuntival pola irritación do fume e algunha crise de ansiedade"
relata Carlos Revuelta, xefe do servizo de atención primaria en Valdeorras.

Os problemas de saúde mental desencadeados nestas circunstancias están tamén entre  os máis máis preocupantes. O impacto emocional ao sentir que o traballo dunha vida ou de máis dunha queda reducido a cinza chega a ocasionar trastornos graves.

"Realmente é  moi triste e vai custar moito e haberá persoas que o van pasar moi, moi, moi mal", afirma Carlos Revuelta.

Trastornos de adaptación e trastornos depresivos ante a traxedia que viven é un risco que teñen por diante quen quedaron sen os seus bens e sen os recordos materiais da súa vida.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade