Cargando resultados...
A saúde emocional tamén é importante para manter en forma o noso corazón
O sedentarismo, a tensión arterial, o colesterol ou o hábito de fumar son os principais factores de risco cardiovascular
No Día Mundial do Corazón, as autoridades sanitarias subliñan tamén o estrés como factor desencadeante
G24.gal
29/09/2023 14:33
A patoloxía cardiovascular é un dos principais problemas de saúde en Europa. Calcúlase que o 40 % da poboación acabará padecendo algún problema cardiovascular grave.
Segundo a Fundación Española do Corazón, o 70 % destas patoloxías serían evitables cultivando hábitos saudables. E non só exercicio e alimentación, porque a saúde emocional cobra cada vez máis importancia como factor de risco.