Cargando resultados...
A saída de Helton ábrelle a porta do Deportivo a Álvaro Fernández
O porteiro do Sevilla ten contrato ata o 2027, pero non conta para o novo adestrador, Matías Almeyda
G24.gal
05/08/2025 21:32
Un dos nomes que soa para substituír a Helton Leite é Álvaro Fernández. O futbolista ten contrato co Sevilla ata 2027 e é un vello coñecido de Antonio Hidalgo, con quen coincidiu no Huesca realizando unha gran campaña na 23-24. Ten 27 anos e conta cunha ampla traxectoria: pasou polo Osasuna, o Mónaco ou o Estremadura.