Publicador de contidos

Publicador de contidos

A regata xacobea Iacobus Maris sae o domingo de Xénova

A regata xacobea Iacobus Maris sae o domingo de Xénova

A ruta marítima xacobea máis longa da historia chegará a Vigo o 22 de xullo 

Os veleiros poderán visitarse de balde ata o día 24 no peirao de transatlánticos

G24.gal 22/06/2022 15:02

Conta atrás para o inicio da Iacobus Maris, un dos eventos máis destacados deste ano Xacobeo. A regata soltará amarras o domingo en Xénova e fará escala en Valencia, Sevilla, O Porto e Vigo con 700 participantes que peregrinan por mar a Compostela. 

"En cada veleiro hai tripulación fixa e despois tripulación turista, que vai manexar as velas e aprender navegación mentres peregrinan nesta regata que leva uns barcos espectaculares, todos poderemos velos", explica Mario Cardama, presidente da Fundación Traslatio que organiza a regata.

O 22 de xullo xuntaranse nas Cíes con outras dúas regatas para entrar xuntas no porto de Vigo. Alí poderanse visitar de balde ata o día 24 embarcacións como a goleta Atyla, unha das 11 que participan na ruta marítima xacobea máis longa da historia.

"Serán catro días de festa para os vigueses e todos os que queiran visitarnos. Haberá carpas, xogos infantís, gastronomía e sobre todo a oportunidade de visitar eses once veleiros con xornadas de portas abertas desde o venres", engade Marta Fernández-Tapias, a delegada da Xunta en Vigo.

Unha cita coa vela, a tradición xacobea e a cultura que agarda recibir milleiros de visitantes este verán en Vigo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade