Publicador de contidos

Publicador de contidos

A reanimación axuda a minimizar os danos na saúde das persoas infartadas

A reanimación axuda a minimizar os danos na saúde das persoas infartadas

A Confederación de Empresarios de Lugo organiza xornadas formativas sobre primeiros auxilios dirixidas ao cadro dos seus máis de 16.000 socios

Unha asistente a un curso practica a RCP cun manequín
Félix Aragunde Imaxe: David Barreiro 06/06/2025 14:01

Tras unha parada cardiorrespiratoria, cada segundo conta á hora de minimizar os danos na persoa infartada. Canto antes sexa reanimada, menores serán as lesións que poida sufrir. É por iso que o coñecemento das técnicas de reanimación cardiopulmonar, a través dos cursos de primeiros auxilios, resultan fundamentais para previr secuelas severas.

"Manter a respiración, o funcionamento correcto do corazón ou dos pulsos cardíacos é de vital importancia para o accidentado ata a chegada da ambulancia", sinala o médico Adham Motawi. 

De aí a importancia das xornadas formativas sobre primeiros auxilios, como estas organizadas pola Confederación de Empresarios de Lugo. Dirixidas ao cadro de persoal dos seus máis de 16.000 socios, axudan a que o persoal poida recoñecer situacións de emerxencia e adoptar as medidas máis axeitadas para cada caso.

"Cremos que son coñecementos que xa deberían empezar nos colexios, que toda a poboación debería ter uns coñecementos mínimos. E no ámbito do traballo, pois máis, claro", di Jorge Somoza, tesoureiro da CEL. 

Porque saber como bombear o corazón coas mans e insuflarlles aire aos pulmóns salva vidas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos