Publicador de contidos

Publicador de contidos

A raíña Isabel II dá positivo por coronavirus con síntomas leves

A raíña Isabel II dá positivo por coronavirus con síntomas leves

Buckingham Palace comunicou o contaxio da monarca de 95 anos

G24.gal 20/02/2022 13:36

Isabel II, a raíña de Inglaterra deu positivo en covid-19 tras facerse un test, conforme informa Buckingham Palace e avanza o xornal "The Guardian". A monarca de 95 anos presenta síntomas leves semellantes aos dun arrefriado e agarda continuar realizando tarefas lixeiras esta semana.

A noticia sábese dez días despois de que se anunciase que o seu fillo Carlos, o príncipe herdeiro dera tamén positivo por covid despois de estar canada a raíña.

Isabel II "recibirá atención médica e seguirá todas as pautas apropiadas" agrega o comunicado real.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade