Publicador de contidos

Publicador de contidos

A RAG enxalza a traxectoria de Begoña Caamaño no seu pleno extraordinario

A RAG enxalza a traxectoria de Begoña Caamaño no seu pleno extraordinario

O Teatro Principal de Santiago acolleu o pleno extraordinario da institución académica

G24.gal 17/05/2026 14:29 Última actualización 17/05/2026 14:58

Coa voz e a música da mugardesa Sofía Espiñeira comezou o pleno extraordinario co que a Real Academia Galega celebra o día das nosas letras.  A sesión foi unha homenaxe á figura e á obra de Begoña Caamaño, voz lúcida e honesta desde a radio e a literatura. Tres académicos, Víctor Freixantes, Marilar Aleixandre e Ana Romaní, lembraron a escritora que revisou os mitos desde unha perspectiva persoal e feminista e a xornalista rigorosa, coherente e curiosa.

"O saber é nela estímulo. A curiosidade é unha posición de apertura ao mundo, promesa tendida ao exterior, empuxe que move o percorrer incesante do seu pensamanto. Un coñecemento situado que se traduce nuha exposición constante á dúbida", dixo Ana Romaní na súa intervención.

"Begoña Caamaño aprópiase dos mitos gregos e artúricos e vai zurcindo nos lugares en branco, na terra da que desapareceran as mulleres, as súas voces, as súas historias", afirmou Marilar Aleixandre.

O presidente da institución académica, Henrique Monteagudo salientou o compromiso de Begoña Caamaño coa lingua galega, para que só haberá futuro, dixo, sumando a implicación da cidadanía e das autoridades.

" A implicación das xentes non abonda para tornar o declive do noso idioma. A súa normalización alenta no compromiso cidadán, pero require un imprescindible impulso político.

O presidente da institución académica salientou o compromiso de Begoña Caamaño coa lingua galega, para que só haberá futuro, dixo, sumando a implicación da cidadanía e das autoridades.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade