Publicador de contidos

Publicador de contidos

A RAE critica os cambios nas probas de acceso á universidade

A RAE critica os cambios nas probas de acceso á universidade

Cre que elimina contidos de lingua e literatura que os estudantes deben dominar

Lamenta que os cambios non foran consultados coa academia nin cos profesionais do ensino

G24.gal 18/11/2022 16:52 Última actualización 18/11/2022 17:06

A RAE considera que o novo modelo de probas de acceso á universidade elimina contidos de lingua e literatura que os estudantes deben dominar.

Así o dixo a Academia despois de que un grupo de coordinadores das probas lle trasladara o seu malestar.

O novo modelo está en proceso de consulta. Na primavera farase unha proba piloto con el en varias comunidades

Na nova proba de acceso os alumnos terán que contestar 25 preguntas tipo test e non poderán exceder as 150 palabras en cada un dos textos que redacten.

"Perden, pois, o lugar preponderante que ata hai pouco tiñan a reflexión e a argumentación lingüística, a capacidade para compendiar e ordenar discursos, así como a interpretación, a valoración e a análise dos textos literarios", sinala a RAE.

Destaca ademais que a proba de acceso avalía conxuntamente competencias de múltiples materias: Lingua, Literatura, Historia, Filosofía, Lingua estranxeira e lingua cooficial das comunidades autónomas que a posúan.

Ademais, critica que o documento "foi elaborado sen contar coa opinión dos profesores de bacharelato e sen consultar tampouco cos coordinadores das probas".

En opinión da RAE, tamén debería terse en conta a opinión das academias que existen en España para cada unha das linguas oficiais ou cooficiais, así como o parecer das autoridades educativas das comunidades autónomas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade