Publicador de contidos

Publicador de contidos

A prisión uns pais por agresión sexual e lesións graves ao seu bebé dun mes

A prisión uns pais por agresión sexual e lesións graves ao seu bebé dun mes

Os Mossos d'Esquadra detiveron ambos os proxenitores o pasado mércores, día 18, en Barcelona no marco dunha investigación, que aínda segue aberta, a cargo da Oficina de Atención ao Menor da policía catalá

En concreto, o pai e a nai, que non teñen antecedentes, segundo fontes xudiciais consultadas por EFE, están acusados dos delitos de malos tratos habituais, lesións moi graves e agresión sexual

G24.gal 23/03/2026 12:19

Un xulgado de Barcelona enviou a prisión un home de 42 anos e unha muller, de 43, acusados de lesións moi graves, agresión sexual e malos tratos habituais ao seu bebé de pouco máis dun mes.

Segundo informou este luns o Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña, o bebé atópase baixo a tutela da Dirección Xeral de Prevención e Protección á Infancia e a Adolescencia (DGPPIA) da Generalitat.

Os Mossos d'Esquadra detiveron ambos os proxenitores o pasado mércores, día 18, en Barcelona no marco dunha investigación, que aínda segue aberta, a cargo da Oficina de Atención ao Menor da policía catalá, segundo informaron a EFE fontes policiais.

Os dous detidos pasaron o pasado venres a disposición do Xulgado número 1 da Sección de Violencia contra a Infancia e a Adolescencia de Barcelona, que acordou enviarlles a prisión preventiva comunicada e sen fianza. En concreto, o pai e a nai, que non teñen antecedentes, segundo fontes xudiciais consultadas por EFE, están acusados dos delitos de malos tratos habituais, lesións moi graves e agresión sexual.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade