Publicador de contidos

Publicador de contidos

A primeira Semana Santa coa alta velocidade en Galicia esgotou as prazas nos días principais

A primeira Semana Santa coa alta velocidade en Galicia esgotou as prazas nos días principais

Os trens de Madrid veñen mércores e xoves completos e marchan ateigados domingo e luns

O aeroporto de Santiago xa superou as cifras de actividade da Semana Santa prepandemia

G24.gal 13/04/2022 17:34

Esta é a primeira Semana Santa cos servizos da alta velocidade ferroviaria entre Galicia e Madrid en funcionamento e o recorte do tempo de viaxe, pouco máis de dúas horas dende a cidade das Burgas, converte o tren nunha alternativa moi demandada.

Todos os servizos, tanto Alvia como AVE procedentes de Madrid, veñen hoxe completos. O mesmo acontece na xornada de mañá, Xoves Santo.

Imposible tamén conseguir billete para regresar a Madrid, tanto o domingo como o luns. E iso que Renfe reforzou o servizo con case 3.200 prazas extra.

Se comparamos esta Semana Santa coa de antes da pandemia, cando aínda non estaba en funcionamento a alta velocidade, o número de prazas incrementouse en máis dun 40 por cento.

Canto os aeroportos, os de Vigo e A Coruña xa teñen cifras de actividade próximas ás anteriores á pandemia, pero en Santiago xa as superan. Entre hoxe e o luns haberá 431 voos, fronte aos 392 da Semana Santa de 2019.

Moitos levan os galegos a destinos nacionais de sol e praia, pero tamén hai chárters especiais a Praga, Exipto ou aos Azores.

Tamén chegan moitos pasaxeiros que veñen reencontrarse coa familia e outros moitos turistas atraídos polo Xacobeo, a comida e a paisaxe.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos