Publicador de contidos

Publicador de contidos

A presión na UCI do hospital Montecelo obriga a suspender operacións en dous quirófanos

A presión na UCI do hospital Montecelo obriga a suspender operacións en dous quirófanos

Hai 9 pacientes covid na unidade de críticos

Catro dos enfermos ingresados na UCI non estaban vacinados

Marta González Salve 22/12/2021 13:37

Con 2.575 casos activos, 60 máis ca onte, a área sanitaria Pontevedra-O Salnés é unha das que presenta peor evolución.

Preocupa a presión hospitalaria con 40 ingresados en planta, pero sobre todo pola ocupación da UCI, onde os pacientes covid,  nove a día de hoxe, xa ocupan a metade dos recursos.

Esta situación obrigou a reducir o número de intervencións cirúrxicas que poden necesitar deste área. En concreto deixase de operar  na quenda de mañá en 2 dos 15 quirófanos cos que contan no hospital Montecelo. 

Preocupa tamén a afectación doutras áreas como Atención Primaria e urxencias, as primeiras en atender os enfermos.

Con 173 positivos rexistrados nas últimas 24 horas, hoxe centos de persoas facían ringleira ás portas do hospital provincial para realizar unha proba PCR. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos