Cargando resultados...
A presión hospitalaria segue baixando en planta, pero aumenta lixeiramente nas UCI
Aumentan os casos activos e volven pasar dos 13.500
O Sergas notificou dez novos falecementos por mor da covid–19

G24.gal
21/04/2022 10:13
Seguen baixando os ingresos por coronavirus en planta, pero lixeiramente (-4), e aumentan nas UCI (+2). En total, hai 625 e 13 persoas ingresadas, respectivamente.
Pola súa parte, os contaxios diarios continúan aumentando e chegan aos 1.780, que se reparten nas distintas áreas sanitarias da seguinte maneira:
En canto aos casos activos, estes volven subir e pasan, de novo, dos 13.000. En total, hai 13.779 (+946) persoas con coronavirus en Galicia.
O Sergas notificou dez decesos por mor da covid–19 nas últimas 24 horas, que alzan a cifra a 3.304 falecementos desde o inicio da pandemia.