Publicador de contidos

Publicador de contidos

A presión hospitalaria segue aumentando, con 728 ingresados en planta

A presión hospitalaria segue aumentando, con 728 ingresados en planta

Aumentan as hospitalizacións por covid nas UCI, pero lixeiramente

O Sergas notificou 11 falecementos por mor da covid-19 nas últimas 24 horas

G24.gal 19/04/2022 10:15

Galicia continúa sumando ingresos por coronavirus en planta (+18) e nas UCI, pero lixeiramente (+3). En total, hai 728 e 19 persoas ingresadas, respectivamente.

Pola súa parte, os contaxios diarios descenden ata os 1.427, que se reparten nas distintas áreas sanitarias da seguinte maneira:

En canto aos casos activos, estes soben tamén e achéganse aos 13.000 (+97), deixando o total en 12.971. 

Sergas notificou once decesos por mor da covid–19 nas últimas 24 horas, que alzan a cifra a 3.300 falecementos desde o inicio da pandemia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar