Publicador de contidos

Publicador de contidos

A presión hospitalaria dista de xerar alarma no Sergas, malia o ritmo de contaxios

A presión hospitalaria dista de xerar alarma no Sergas, malia o ritmo de contaxios

Hai máis preocupación pola progresión do número de infectados ca polo volume de pacientes

O seguimento a domicilio dos contaxiados supón unha carga relevante para o sistema sanitario

G24.gal 12/12/2021 13:53

Os hospitais galegos están lonxe de vivir unha situación de tensión, malia que os contaxios se sigan sucedendo a un ritmo aproximado dun milleiro diario. Ata o verán pasado, cando a porcentaxe de vacinación era sensiblemente menor á actual, ante unha situación así acendíanse todas as luces vermellas de alerta.

Desde o Sergas recoñecen que o que preocupa agora realmente é a evolución dos contaxios máis ca a presión hospitalaria.

"A presión a nivel hospitalario, se ben non ten nada que ver co que tivemos, por exemplo, na terceira onda, si que é unha situación preocupante, sempre no momento en que as cifras non paran de crecer. Está clarísimo que tanto os pacientes que ingresan nas unidades de coidados intensivos como os pacientes que ingresan nas plantas de hospitalización soben cada día, non de forma preocupante, porque a capacidade galega é moito maior, como se demostrou na terceira onda", explica Xosé Flores, xerente do Sergas.

Resumindo, a situación nos hospitais non intranquiliza, pero o elevado ritmo de contaxios si supón unha carga de traballo importante para o sistema sanitario galego.

 "Por suposto que eses mil contaxiados diarios preocupan moito, porque se ben están nos seus domicilios tamén sofre unha presión asistencial importante o sistema, xa que son pacientes que están controlados nas súas casas por persoal sanitario que traballa no ámbito da atención primaria, tanto médicos como enfermeiros, que fan esa chamada diaria, que fan ese control diario, que fan ese pedimento de probas necesarias", indica Flores.

O xerente do Sergas admite que o máis probable é que a variante ómicron se expanda nas vindeiras semanas en Galicia e en España, como sucede en Europa, aínda que matizando que a súa sintomatoloxía non adoita ser grave segundo os datos existentes.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar