Publicador de contidos

Publicador de contidos

A presenza de gas pementa obriga a desaloxar os veciños dun edificio de Oleiros

A presenza de gas pementa obriga a desaloxar os veciños dun edificio de Oleiros

Unha desavinza entre veciños está detrás deste acto vandálico polo que o responsable se enfronta a unha sanción administrativa

G24.gal 06/12/2022 13:49

Caía xa a noitiña e a maior parte dos veciños do número 17 da rúa Areal de Perillo estaban xa nos seus domicilios. Unha estraña sensación nas vías respiratorias alertounos da posibilidade dunha fuga de gas.

Foi un dos veciños o que deu a voz de alarma á policía local. De inmediato acudiron os axentes locais e a Garda Civil, ademais de bombeiros, Protección civil e urxencias médicas. Ordenaron desaloxar os trinta veciños do inmoble e confinaron nos seus pisos a dúas persoas con mobilidade reducida.

Tras das análises realizadas conseguiron identificar o gas pementa como o causante da intoxicación. As desavinzas entre dous veciños do mesmo andar están detrás deste acto vandálico tal e como o cualifican as forzas de seguridade.

A Televisión de Galicia puido falar co responsable deste suceso. Prefire manter o anonimato, pero está arrepentido da súa acción. Segundo lles relatou aos axentes, as desavinzas veñen pola tenza de dous cans. Asegura que tivo un mal momento e pide desculpas a toda a veciñanza. Agora enfróntase a unha sanción administrativa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade