A popularidade dos reloxos antigos xera listas de agarda para reparalos
Os reloxos antigos gozan actualmente de gran popularidade e así o están a constatar desde o propio sector reloxeiro. Algúns talleres mesmo teñen lista de agarda para reparar pezas que levan anos paradas e metidas nun caixón.
Terceira xeración dunha saga familiar de reloxeiros, Javier fala con paixón do seu oficio e valora que a mocidade se interese polos reloxos antigos. El mantén vivo un negocio que abriu as súas portas en Pontevedra no 1921 no mesmo lugar onde continúa. Ás súas mans chegan reliquias con anos de histora que hai que volver poñer a funcionar. O último: un reloxo do ano 1800.
Particulares e coleccionistas buscan recuperar auténticas xoias con décadas de historia. Cada peza agocha unha vida que contar e que se fai presente cando a agulla se volve poñer en marcha.