Publicador de contidos

Publicador de contidos

España recibe a Xeorxia con moitas baixas na súa convocatoria

España recibe a Xeorxia con moitas baixas na súa convocatoria

O galego Borja Iglesias podería entrar no equipo

G24.gal 11/10/2025 15:16

A De la Fuente acumúlanselle os problemas e traspapélanselle as baixas de cara o encontro contra Xeorxia. Se nos últimos días o seleccionador debeu facer fronte as ausencias de Carvajal, Jausen, Rodri, Fabian, Nico Williams e Lamine Yamal, nas últimas horas tivo que descartar dous novos xogadores, Laporte e Dani Olmo. 

Este é o panorama co que a selección vai afrontar o seu terceiro encontro de clasificación para o Mundial do vindeiro ano, ante un rival o que lle gañou sete dos oito enfrontamentos que tiveron o longo da historia. Mikel Merino, autor de catro goles nos dous últimos partidos, cre que teñen xogadores de sobra resolver os problemas.

Tanto De la Fuente coma Merino asumen sen presión a súa condición de favoritos que lle otorga liderar actualmente o ranking FIFA e levar 29 encontros invicto.

Ante tanta baixa, Borja Iglesias mantense a expectativa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos