Publicador de contidos

Publicador de contidos

A ponte animou a feira de Valença nunha mañá bastante fresca

A ponte animou a feira de Valença nunha mañá bastante fresca

O festivo fixo que estivera máis animada ca de costume

G24.gal 07/12/2022 15:04

Tanto os que adoitan ir cada semana coma moitos dos que hoxe puideron desfrutar dun día de ponte, o destino deste mércores estaba na feira de Valença. O festivo fixo que estivera máis animada ca de costume, pese a que a primeira hora a xornada estaba bastante húmida e fresca. 

Unhas obras na zona provocaron algunha retención por momentos, pero ao cabo todos chegaron á zona comercial. Cadaquén foi facendo a rolda polos distintos postos para dar, a poder ser, co mellor choio. Uns consideran que se conseguen a base de buscar e rebuscar con paciencia e outros din que a clave está en regatear, habilidade que non todo o mundo domina, porque xa non está habituado a esa maneira 'dialéctica' de mercar.

E feitas as compras, chega a hora enque prima a gastronomía, sobre todo para os que van de lonxe e coa idea clara de desfrutar do afamado bacallau portugués. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade