A policía pon fin a unha pelexa multitudinaria esta fin de semana en Lugo
A Policía Nacional tivo que intervir para separar os mozos que se estaban agredindo de forma moi violenta
Pelexa multitudinaria de madrugada esta fin de semana ás portas dun local de ocio nocturno de Lugo. A Policía Nacional tivo que intervir para separar os mozos que se estaban agredindo de forma moi violenta.
Unha patrulla da Policía Nacional atopouse co grupo de mozos que estaban pelexando violentamente ás portas do pub.
Custou poñer fin á disputa. A presenza dos axentes non disuadía os mozos de continuar golpeándose a puñadas e patadas. Foi preciso pedir o reforzo doutras dúas patrullas.
Manuel Arias, voceiro da Policía Nacinal: "Atopáronse con cinco persoas. Trataron de separalos, pero tardouse un bo anaco porque estaban moi metidos na liorta".
Tres dos participantes foron trasladados a dependencias policiais para ser identificados porque non levaban documentación. Un dos dous grupos participantes na pelexa díxolles aos axentes que os ameazaran cun machete, un extremo que no se puido confirmar.
"As patrullas buscaron calquera tipo de obxecto que se puidese empregar na liorta, pero non atoparon nada. Tampoco apreciaron nos mozos ningún tipo de lesión que indicase o uso dunha arma branca", di Manuel Arias.
Os veciños quéixanse do balbordo e pola utilización dos portais como urinarios. "Estas situacións repítense con demasiada frecuencia. Nós pedimos o de sempre: máis vixilancia e máis seguridade", di Luis Latorre, presidente da Asociación Lugo Monumental.