Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Policía Nacional evita que un home se suicide cunha escopeta na Coruña

A Policía Nacional evita que un home se suicide cunha escopeta na Coruña

O home estaba ameazando con matarse coa arma de fogo

Finalmente, o negociador da Policía Nacional conseguiu que deixase a escopeta no chan

Europa Press/Policía Nacional Europa Press/Policía Nacional
G24.gal 06/08/2025 11:00

Axentes da Policía Nacional logran salvar un home que ameazou con suicidarse cunha escopeta, segundo a Xefatura Superior de Policía en Galicia.

A actuación policial comezou na madrugada do 31 de xullo, cando unha chamada ao 091 informou sobre a presenza dun home cunha escopeta dentro dun portal na rolda de Outeiro, coa intención de matarse.

Ao lugar acudiron varios indicativos do Grupo de Atención ao Cidadán, que puideron ver ao home sentado no interior do portal coa escopeta. Tiña o canón da mesma apoiado no seu queixo.

Os axentes trataron de falar con el para evitar que disparase cando, nun momento dado, o home correu cara a unha zona onde deixou de ser visto polos policías.

Aí activouse o Protocolo de Incidentes Críticos, acudindo o Grupo Operativo Especial de Seguridade (GOES) ao lugar xuto co negociador da Policía Nacional. A Policía Local da Coruña axudou cortando o tráfico na zona.

Ao chegar, o negociador fala co home, que se encontraba cunha grande axitación emocional. Este chegou a despedirse en varias ocasións e non deixaba de apuntarse coa arma.

Mentres, os GOES permanecían alerta por se necesitaban intervir, á vez que mantiñan un perímetro de seguridade para protexer aos demais veciños e deixar que o negociador traballase.

Utilizáronse diferentes estratexias na negociación, ata que unha resultou efectiva e o home deixou a arma no chan. Logo, os sanitarios asíseno e trasládano ao Hospital Universitario da Coruña.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade