Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Policía Nacional detén tres persoas en Marbella por secuestro

A Policía Nacional detén tres persoas en Marbella por secuestro

Os detidos forman parte dunha rede vencellada co tráfico de drogas e un deles tiña unha orde europea de detención

G24.gal 20/05/2022 09:08

A Policía Nacional arrestou tres persoas en Marbella por secuestro. Parte da operación foi nas alturas, coa axuda dunha escaleira de bombeiros.

Así detiveron un dos sospeitosos, que intentaba fuxir descolgándose por un balcón. Dáse a circunstancia de que os detidos se equivocaran no secuestro.

Levaran por erro un home que se parecía moito ao seu obxectivo. Metérano pola forza nun vehículo e liberárono ao decatarse do fallo.

Os detidos forman parte dunha rede vencellada co tráfico de drogas e un deles tiña unha orde europea de detención.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade