Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Policía investiga se a moza ferida cun coitelo en Vilagarcía sufriu un ataque

A Policía investiga se a moza ferida cun coitelo en Vilagarcía sufriu un ataque

Hospedábase nun hotel do centro cun mozo de 18 anos 

A rapaza tiña unha ferida grave á altura do xeonllo

Ambos os dous declararon que foi fortuíto

O hotel no que aconteceron os feitos O hotel no que aconteceron os feitos
G24.gal 16/11/2025 13:39 Última actualización 16/11/2025 14:04

A Policía Nacional investiga o suceso ocorrido onte á noite nun hotel do centro de Vilagarcía de Arousa. Tentan esclarecer se unha moza de 19 anos aloxada no establecemento espetou un coitelo á altura do xeonllo de xeito accidental ou, pola contra, sufriu un ataque.

No momento do incidente estaba na compaña dun rapaz de 18 anos que estaba hospedado no mesmo cuarto. Segundo confirma a Policía Local, a moza tivo que ser trasladada primeiro ao hospital do Salnés e logo ao de Montecelo en estado grave.

De acordo coa mesma fonte, ambos os dous declararon que fora un accidente fortuíto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade