Publicador de contidos

Publicador de contidos

A policía investiga catro posibles casos de picadas a mulleres nas festas de San Sebastián

A policía investiga catro posibles casos de picadas a mulleres nas festas de San Sebastián

As catro menores de Huelva que denunciaron esta agresión xa están na casa

En España denunciaron 200 casos nun mes, a maioría en Cataluña e País Vasco

Concentración de protesta en Zumaia
G24.gal 14/08/2022 20:21 Última actualización 14/08/2022 20:42

Esta fin de semana rexistráronse máis casos de picadas a mulleres. En San Sebastián, que celebra a súa semana grande, a policía investiga catro incidentes deste tipo. En Huelva, as catro menores agredidas xa están na casa, tras unha noite en observación no hospital. De momento, descoñécese que hai detrás destas picadas. En España denunciáronse 200, e en Europa, máis de 2.000.

San Sebastián celebra as súas festas e na primeira noite xa se produciron catro posibles casos de picadas a mulleres. A ertzaintza está investigando todos aínda que só un foi denunciado. O alcalde pide prudencia ata que se saiba que hai detrás destas agresións, que se repiten en moitas cidades españolas. Eneko Goia, alcalde de San Sebastián:

"Porque aínda que non se detectase ningún tema de submisión química, ese comportamento é condenable porque coarta a liberdade das mulleres en calquera espazo e tamén nas festas e iso non se pode admitir e ademais implica un risco de contaxio doutro tipo de enfermidades por infección"

En Zumaia celebrouse unha concentración convocada polo concello para protestar pola picada sufrida por unha moza na madrugada do sábado. A vítima foi trasladada ao hospital e despois denunciouno. Condena tamén da alcaldesa de Valverde del Camino, en Huelva, onde catro menores denunciaron que sufriran picadas durante a feira. As catro foron trasladadas ao hospital e tras pasaren unha noite en observación, xa están na casa. Syra Senra, alcaldesa:

"Eu non perdo a esperanza de que atopen a persoa que cometeu o delito porque á parte dos resultados das probas e das analíticas, picar unha persoa é un delito".

En Logroño, unha moza denunciou o sábado outro caso. As análises para determinar se había algunha substancia deron negativo. En Cádiz a Policía intensifica os cacheos para evitar as picadas a mulleres nun festival ao que asisten 10.000 persoas.

"Ata hai pouco nos cacheos buscaban drogas e armas e agora buscamos calquera obxecto que se poida utilizar para picar as mulleres" 

"Ata o momento non se puido constatar o obxectivo, por que pican, moitas veces é vandalismo".

En España denunciáronse, nun mes, douscentos casos, a maioría en Cataluña e País Vasco. De momento non hai consenso sobre a cualificación xurídica destas picadas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade