Publicador de contidos

Publicador de contidos

A polémica entre Hondarribia e Urdaibai marca a regata de Lekeitio

A polémica entre Hondarribia e Urdaibai marca a regata de Lekeitio

Cabo afástase dos postos de perigo e Ares acaba a xornada como pechacancelas da ACT

G24.gal 31/07/2022 14:30

Unha Bandeira azul que ao final non conlevou sanción. Un duelo entre Hondarribia e Urdaibai no último longo que se prolongou durante douscentos metros. Así foi a Bandeira de Lekeitio. resolta con moita polémica, e cunha marxe a prol de Hondarribia de doce centésimas que lle deu a vitoria e coa que consolida o liderado.

Lekeitio é un campo de regatas que asegura o espectáculo e non defraudou. Cabo mantivo a boa liña das últimas semanas, fixo un gran último longo e acadou un sétimo posto que o afasta do perigo.

Ares volve para Galicia no último posto, a tres do posto de play out e a catro da salvación. Pero recurtando puntos con Santurtzi, agora mesmo o equipo que ofrece peores sensacións dentro da ACT.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos