A poboación de Verín sofre os efectos dos incendios destes días
Máis de 14.000 habitantes deste concello sofren os efectos do lume
Están preocupados pola reactivación dalgúns focos e pola calidade do aire
Aínda que Verín non chegou a rexistrar ningún incendio, si estivo rodeado de varios que alteraron notablemente a vida dos seus veciños, que se viron afectados polo intenso fume dos incendios da provincia e dos de Portugal.
A localidade chegou a verse rodeada de lumes. Algúns deles seguen activos, como é o caso dos tres que lle afectan ao concello veciño de Viladevós e tamén ao de Oímbra, que xa calcinou máis de 10.500 hectáreas. Está a afectarlle ao concello de Verín e tamén a Monterrei e Cualedro.
O que está controlado desde o martes e si lle afectou a este concello é o que se orixinou na parroquia de Mourazos e que chegou a estar preto de núcleos habitados.
As temperaturas superan os 35 graos e por iso preocupa a reactivación dalgúns focos e a calidade do aire.