Publicador de contidos

Publicador de contidos

A planta de rodas proxectada nas Pontes multiplicará por catro os tráficos do porto de Ferrol

A planta de rodas proxectada nas Pontes multiplicará por catro os tráficos do porto de Ferrol

A Xunta de Galicia aprobará en semanas a declaración de proxecto industrial estratéxico

G24.gal 02/08/2022 14:48

Avanza é o proxecto para construír nas Pontes a fábrica de pneumáticos que impulsa un grupo chinés, un reto industrial e loxístico para unha comarca en transformación.

A planta utilizará a terminal de contedores do porto exterior de Ferrol para darlles saída aos seus produtos cara a toda Europa. O Presidente da Autoridade Portuaria estima que multiplicará por catro os actuais tráficos do porto.

A Xunta de Galicia ultima neste momento a declaración de proxecto industrial estratéxico que se concederá en poucas semanas. A previsión é que as obras poidan comezar o próximo ano e que a planta estea a pleno rendemento en 2025 con 700 empregos e unha produción de 12 millóns de rodas anuais.

Di o vicepresidente da Xunta, Francisco Conde, que se trata dunha oportunidade para que o Pacto de Estado por Ferrol que impulsa o Goberno autonómico teña a resposta que precisa a comarca.

A fábrica instalarase en terreos de Endesa, xa sen uso industrial. Suporá un investimento superior aos 500 millóns de euros que a compañía financiará con fondos propios.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade