Publicador de contidos

Publicador de contidos

A presenza de restos fecais obriga a pechar a piscina municipal de Monterroso

A presenza de restos fecais obriga a pechar a piscina municipal de Monterroso

O concello investiga se foi unha incontinencia accidental ou se se debe a un reto viral que xa obrigou a pechar 300 piscinas en toda España, tres en Galicia

Tras a hipercloración o estado da auga xa é óptimo e reabre esta tarde

Piscina municipal de Monterroso a carón do río Ulla esta mañá
G24.gal 12/08/2025 14:10

A piscina municipal de Monterroso tivo que ser temporalmente pechada debido á presenza de excrementos na auga. Non se sabe a orixe. Puido ser algo accidental ou formar parte dun noxento reto viral que anima a defecar nas piscinas. Xa non sería o primeiro caso en Galicia.

Como é de esperar nestas datas e con estas temperaturas, a piscina municipal de Monterroso estaba petada este luns cando o persoal de mantemento detectou excrementos na auga.  Inmediatamente procedeu a evacuar o vaso e pecharon as instalacións para proceder á desinfección.

Non se sabe a ciencia certa se foi un episodio accidental... "Iso foi un neno que se atopou mal. Eu non estaba na auga, pero era o que comentaba a xente", indica un dos usuarios da piscina.

Ou forma parte dun repugnante reto viral que consiste en defecar nunha piscina. Situación similar a esta xa pasou nas piscinas municipais de Moeche, Xinzo de Limia e Ordes.  

"É noxento". "Hai xente que cando non ten que facer dedícase a amolar os demais". 
"Ademais pode representar un risco para a saúde e despois hai que desinfectar todo".

Retirados os restos, as instalacións permanecerán pechadas ata que remate o proceso de desinfección.  

Xoán Carlos Vila, coordinador técnico de laboratorio de Espina y Delfín, di que o que se fai é cloración durante o tempo suficiente, e con iso normalmente xa se soluciona.  

O Concello está investigando o sucedido e sancionará os autores en caso de que fose algo feito a propósito. O alcalde de Monterroso Eloy Pérez Sindín di que se se confirma a hipótese do reto viral "e damos cos autores, actuaremos con contundencia".

Está previsto reabrir as instalacións esta mesma tarde.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos