A permanencia no ano do Centenario do Celta pasa por Balaídos
Sumou catro dos últimos seis puntos, pero mantense cun só punto de marxe sobre o descenso
Hugo Mallo saíu de Elxe convocando a afección para o partido deste venres en Balaídos co Vilarreal. O Celta xa estivo ben arroupado contra o Sevilla, pero tras un empate e unha vitoria dispón da mesma marxe co descenso dun só punto.
Será o primeiro partido en Balaídos en 2023, no ano do Centenario. O Club quere celebralo de maneira especial e manda recado á afección por Gabri Veiga. Catro goles leva a perla celeste polos oito de Aspas, doce dos dezaseis de todo o equipo.
"O Celta ten xogadores de moitísimo talento", asegurou o xogador do Vilarreal Alberto Moreno.
No Vilarreal fíxanse nas individualidades máis ca na situación clasificatoria. Mallorca e Athletic Club serán os seguintes rivais, para acabar a primeira volta co mes de xaneiro, que de momento vai costa arriba pero con propósito de remonta.