Complétase esta semana a sinalización do Camiño do Litoral
É unha gran senda, con treitos alternativos para os que van en bici, que xa permite percorrer os nosos 1.370 quilómetros de costa
Hai 79 carteis dun camiño que atravesa 78 concellos. Ademais, está xa dispoñible unha app con toda a información turística e, ademais, o Truck para os sendeiristas.
"Ademais teremos 25 sinais direccionais e outros 249 elementos máis pequenos que farán posible poder facer eses 1.373 quilómetros sen ter ningún tipo de problema, independentemente de que haxa ou non cobertura", explicou Ánxeles Vázquez, a Conselleira de Medio Ambiente.
Aproveitáronse camiños xa existentes para facelo transitable con continuidade, en toda a liña costeira, practicamente sen perder nunca de vista o mar. A conselleira deu as grazas aos concellos e aos particulares que cederon terreos.
"Cada vez teñen máis éxito estes formatos, non só para turismo, tamén como oferta de lecer para os daquí", comentou Manuel Lourenzo, o alcalde de Soutomaior.
"Pódese gozar do camiño en si, que é saúde, dunha panorámica excepcional, da gastronomía, do patrimonio cultural", subliñou Ánxeles Vázquez, a conselleira de Medio Ambiente.
Unha opción que quere ser sostible e saudable, ao tempo que achega unha nova perspectiva sobre Galicia.