Cargando resultados...
A ONU abre a porta a diferentes velocidades para que os países eliminen os combustibles fósiles
O secretario xeral da ONU cre que os maiores produtores deberían facelo máis rápido e apoiar economicamente os estados con menos recursos

G24.gal
11/12/2023 14:31
Nacións Unidas abre a porta a que os países poidan poñerlles fin aos combustibles fósiles a diferentes velocidades.
O secretario xeral da ONU, António Guterres, asegura que o éxito do Cumio do Clima previsto para 2028 en Dubai pasa inevitablemente por un consenso para eliminar o petróleo, o carbón e o gas en liña co límite de 1,5 graos, sen que iso signifique que todos os países deban facelo ao mesmo tempo.
Cre que os maiores produtores deberían facelo máis rápido e apoiar economicamente os estados con menos recursos.