Publicador de contidos

Publicador de contidos

A pandemia, en situación de estabilidade

A pandemia, en situación de estabilidade

Diminúen os novos contaxios detectados por probas diagnósticas

G24.gal 25/10/2021 10:05

A semana comeza cunha lixeira subida dos casos activos. En total, hai 419 persoas con coronavirus en Galicia, 4 máis ca o día anterior.

Por outra banda, diminúen os contaxios detectados por probas diagnósticas. Foron detectados 24 novos casos (-10).

Por áreas sanitarias, a repartición de casos activos é a seguinte:

Vigo: 70 (+6)

A Coruña: 130 (-4)

Pontevedra: 51 (+2)

Santiago: 69 (+1)

Ourense: 42 (+1)

Lugo: 33 (+6)

Ferrol: 24 (=)

En canto á ocupación hospitalaria, mantense igual que no día anterior: hai 25 persoas hospitalizadas, 7 en UCI e 18 en planta. Da mesma maneira, mantense o número de decesos igual que o día anterior (2.649) ao non notificar ningún falecemento o Sergas.

Mapas de incidencia por concellos

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade