Publicador de contidos

Publicador de contidos

A OCDE reduce de novo a súa previsión do PIB para España en 2023, ao 1,3 %

A OCDE reduce de novo a súa previsión do PIB para España en 2023, ao 1,3 %

Malia que é inferior ao crecemento agardado polo Goberno (2,1 %), será unha das cifras máis elevadas na zona euro e na Unión Europea

 

G24.gal 22/11/2022 12:05

A OCDE reduciu aínda máis a súa previsión de crecemento para España en 2023, con respecto á feita hai dous meses, para deixala no 1,3 %, netamente por baixo do 2,1 % que espera o Goberno, aínda que será unha das cifras máis elevadas na zona euro e na Unión Europea.

No seu informe de Perspectivas publicado este martes, a Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico espera unha recuperación, pero moi limitada, en 2024 cando a actividade debería aumentar un 1,7 %, de novo unha estatística moito menos optimista que o 2,4 % da proxección do Executivo de Pedro Sánchez.

A finais de setembro, cando fixo público o seu informe interino, calculara que o produto interior bruto (PIB) de España aumentaría en 2023 un 1,5 %. E hai que ter en conta que iso xa significaba unha revisión á baixa de sete décimas respecto á previsión de xuño.

En termos comparativos, as taxas de crecemento de España o ano próximo van ser superiores á maioría dos grandes países desenvolvidos, en particular aos outros europeos, aínda máis afectados pola guerra de Ucraína. 

O crecemento de España será claramente superior ao de Italia (0,2 %), Francia (0,6 %), os Estados Unidos (0,5 %) ou O Canadá (1 %), e doutros países que entran en recesión: o Reino Unido (-0,4 %) e Alemaña (-0,3 %).

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade