Publicador de contidos

Publicador de contidos

A nova Lei de benestar animal obriga a facer un curso para ter mascota

A nova Lei de benestar animal obriga a facer un curso para ter mascota

Tamén deberemos ter un seguro para facernos cargo dos danos que poida provocar

G24.gal 10/02/2023 20:50

Aínda non hai data para a entrada vigor da nova Lei de benestar animal, que deberá ser ratificada polo Senado, pero si sabemos como lles vai afectar aos propietarios de mascotas.

Por exemplo, para ter un can como animal de compañía será obrigatorio realizar un curso que acredite que somos quen de coidar del. 

En principio o curso será gratuíto e poderá realizarse a través de Internet. Tamén as propias mascotas pasarán unha avaliación.

A nova lei establece que será obrigatorio contratar un seguro de responsabilidade civil. Tamén se regula o tempo que o can pode estar só na casa. Máximo 24 horas, ata tres días no caso doutras mascotas.

Prohíbese ademais que vivan en sotos, terrazas ou balcóns e tamén a cría, que só poderán realizar os profesionais inscritos nun rexistro.

A lei tamén recollerá nunha listaxe que tipo de animais se poden ter como mascota. Dende o colectivo veterinario critican que a norma se elaborase sen contar co seu asesoramento.

Agardan que se modifique antes da súa aprobación no Senado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade