A normativa europea obriga a esparexer o xurro con inxectores
A normativa europea obriga a esparexer o xurro con inxectores
Haberá que facer un rexistro telemático do traballo nas granxas e ter un veterinario de referencia
Dende comezos de ano unha nova normativa europea obriga a esparexer o xurro mediante inxectores na maior parte dos terreos.
Quedan desbotadas as cisternas tradicionais e toca aprender a usar novas máquinas e facer cuantiosos investimentos.
A nova normativa impón ademais a obrigatoriedade de ter un veterinario de referencia. Unha medida que dende os sindicatos sinalan que non se axusta á realidade das granxas galegas.
Nuns meses a normativa obrigará tamén a facer un rexistro telemático do traballo nas granxas, o chamado caderno dixital.
Sinalan que son moitos atrancos para un sector onde a media de idade dos titulares das explotacións é de 55 anos, e temen que moitos decidan pechar as granxas ante o aumento dos custos.