Publicador de contidos
Publicador de contidos

A abondosa chuvia e as baixas temperaturas están a afectar a sementeira do millo

A abondosa chuvia e as baixas temperaturas están a afectar a sementeira do millo

Os gandeiros aseguran que terán que mercar máis forraxe e que os seus custos de produción se van ver incrementados

G24.gal 03/05/2024 14:21

"Este ano o tempo non nos deixa traballar. Está chovendo seguido", comenta José Manuel Iglesias, propietario da Gandeiría Montemaior.

E as leiras acumulan un importante déficit de horas de sol deixando imaxes que non se corresponden con esta época do ano. Pero o peor é que está a afectar ao desenvolvemento dos cultivos.

"Están atrasadas as colleitas de herba e tamén están atrasados os traballos para o millo", engade José Manuel.

De feito, este gandeiro ten preparadas varias leiras para sementar o millo, pero non poderá facelo ata que cambie o tempo. Unha, porque as terras están completamente enchoupadas e, outra, polo frío que vai xa que, estas baixas temperaturas tampouco favorecen ao crecemento do cereal.

Unha situación que lles está a prexudicar, e moito, os gandeiros galegos porque tanto a herba como o millo son fundamentais para soster o sector lácteo.

"Afecta en que a produción da herba vai ser menos, de pouca calidade, e a colleita de millo, igual porque vai vir tarde. Ao final hai que mercar máis materias primas e iso incrementan os custos e hai menos beneficios ou perdas, depende", di José Manuel.

Así que os vindeiros días seguirán moi pendentes do ceo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade