A normalidade regresa aos supermercados despois do apagamento
Reabriron sen incidencias nin problemas de abastecemento
Houbo que repoñer estantes baleiros de auga, friames e conservas
A calma regresa aos supermercados despois do apagamento. Esta mañá retomaron a actividade con normalidade e sen problemas de abastecemento, segundo a patronal do sector. Unha imaxe ben distinta ás colas que viamos onte naqueles supermercados e tendas de alimentación que lograron seguir despachando coa axuda de xeradores.
No que si traballaron arreo hoxe foi en repoñer algúns estantes que quedaron baleiros, fundamentalmente os da auga, os friames e as conservas.
As plataformas loxísticas e as distribuidoras tamén operan sen incidencias destacadas. Así e todo hai un chamamento para que os consumidores fagan unha compra moderada e responsable ata que a situación quede totalmente restablecida.