Publicador de contidos

Publicador de contidos

A neve queda na montaña de Lugo e Ourense, onde segue pechada unha estrada

A neve queda na montaña de Lugo e Ourense, onde segue pechada unha estrada

Tras o paso do temporal, a rede viaria vaise normalizando nunha xornada con nevaradas por riba dos 1.200 metros

Continúa pechada a OU-122 entre Lardeira e Casaio e noutras tres estradas os camións teñen prohibido adiantar

Os vehículos pesados retidos de xeito preventivo dende o venres comezaron a circular este sábado

 

directo Neve en Ludeiro (Lugo). EFE/Eliseo Trigo
G24.gal 25/01/2026 08:51 Última actualización 25/01/2026 09:45

O paso da borrasca Ingrid deixou un temporal de neve que fixo complicado circular pola rede viaria galega durante dous días. Este domingo, a situación comeza a normalizarse.

Na montaña de Lugo e Ourense continúa acativo o aviso amarelo ata o mediodía por acumulacións de máis de cinco centímetros por riba dos 1.200 metros.

Nesta xornada de transición, ata a chegada dunha nova fronte de madrugada, continúa pechada dende este sábado a estrada OU-122 entre Lardeira e Casaio.

Tamén na provincia de Ourense, cómpre estremar a precaución na A-52, entre a Canda e A Gudiña, e na N-525 da Canda a Mesón de Purrián. Nestes treitos os camións teñen prohibido adiantar.

Ocorre o mesmo na LU-633 en Pedrafita do Cebreiro, no porto de montaña.

Fluxo de camións

A Dirección Xeral de Tráfico levantou este sábado as restricións para a circulación de vehículos pesados, que levaban retidos de xeito preventivo dende o venres en distintos puntos da meseta.

Durante todo o día, rexistrouse un fluxo importante de camións nas principais vías de acceso a Galicia, unha situación que vai continuar este domingo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade