Publicador de contidos

Publicador de contidos

A multinacional Ghenova prevé duplicar o cadro de persoal que ten en Galicia

A multinacional Ghenova prevé duplicar o cadro de persoal que ten en Galicia

Ghenova ten en Navantia Ferrol o seu principal cliente, con proxectos para a Armada Española

Alfonso Rueda afirmou que a Xunta "vai acompañar" a multinacional nesta aposta por Galicia e destacou que a nosa comunidade ten un horizonte por diante no sector da defensa "moi potente"

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda e a conselleira de Economía María Jesús Lorenzana (3d) visitan as oficinas da empresa Ghenova en Ferrol, este martes. EFE/ Kiko Delgado
G24.gal 24/02/2026 18:00

A empresa Ghenova, a multinacional sevillana especializada en servizos de consultoría e enxeñaría para os sectores da defensa, as renovables e a dixitalización, prevé duplicar en tres anos o seu cadro de persoal en Galicia, que actualmente suma 230 persoas nas oficinas que ten en Ferrol (180) e Vigo (50). Anunciouno o CEO da compañía, Francisco Cuervas, este martes durante a visita do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, á sede ferrolá da empresa.

Ghenova ten en Navantia Ferrol o seu principal cliente, con proxectos para a Armada Española como as enxeñarías do buque hidrográfico costeiro (BHC), do buque de apoio en combate (BAC), ou do programa das fragatas F-110. Francisco Cuervas destacou o "momento interesante" nos eidos en que traballa a empresa, e onde Galicia "vai xogar un papel fundamental", dixo.

Alfonso Rueda afirmou que a Xunta "vai acompañar" a multinacional nesta aposta por Galicia e destacou que a nosa comunidade ten un horizonte por diante no sector da defensa "moi potente".  O presidente tamén presumiu do potencial para liderar a transición cara ás enerxías verdes e das oportunidades que pode abrir a eólica mariña.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade