Publicador de contidos
Publicador de contidos

A moda sostible precisa de tecidos a base de novas fibras ecolóxicas

A moda sostible precisa de tecidos a base de novas fibras ecolóxicas

O lyocell é unha das apostas escollidas por moitas empresas textís

G24.gal 13/03/2024 14:24

Facer que a moda sexa sostible pasa por empregar tamén tecidos novos. Entre os que cada vez veremos máis a miúdo está o lyocell. Queden con esa palabra, porque está xa nas etiquetas de composición de moítisimas pezas de roupa.

Igual que se saca roupa do algodón, que é unha planta, ou do liño, que é outra, pódese sacar roupa da celulosa das árbores. Iso é precisamente o lyocell. Cada vez se venden máis camisetas, vestidos ou pantalóns que xa poñen nas etiquetas que están feitos con ese material. É un tecido artificial, pero ecolóxico, que está a revolucionar a industria da moda. De feito, é a grande aposta téxtil polos materiais sostibles, xunto co algodón orgánico e as fibras recicladas. 

Ese tecido, o lyocell, é parte do negocio que a firma portuguesa Altri quere desenvolver en Palas de Rei. A idea é fabricar alí, cada ano, 200.000 toneladas de lyocell para roupa, usando pasta de eucalipto. O proxecto aínda non está asegurado. Na Xunta pídenlle ao Goberno central que desbloquee canto antes o expediente, para que Altri teña o financiamento que precisa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade