Publicador de contidos

Publicador de contidos

A moda dos chupetes para adultos viralízase nas redes e chega a Europa

A moda dos chupetes para adultos viralízase nas redes e chega a Europa

Os odontólogos advirten dos riscos do seu uso para a saúde bucodental

G24.gal 28/02/2026 14:31 Última actualización 28/02/2026 14:49

As redes sociais, especialmente Tik Tok e Instagram, convertiron algo tan asociado á primeira infancia como os chupetes nunha tendencia viral para adultos. Para que se utilizan? Pois a maioría das veces para reducir o estrés e a ansiedade. A moda procede de China e está empezaron a abrirse mercado no noso país, malia as advertencias dos odontólologos, que alertan de posibles riscos para a nosa saúde bucodental.

Miles de usuarios exhiben nas redes sociais versións extragrandes e personalizadas. Quen defenden os chupetes para persoas adultas atribúenlles beneficios físicos e mentais. Aseguran que proporcionan unha sensación de seguridade e de calma instantánea. Pero os profesonais da saúde advirten que o uso adulto do chupete non é unha extravagancia inocua.

"Hai unha sobrecarga na articulación, como se tivésemos un bruxismo continuado. Vanse producir roturas do esmalte, das moas e dos dentes e, ademais, estamos permanentemente tragando saliva. Aínda que a saliva é un fluído corporal, vai aumentar os casos de refluxo gastroesofáxico e de alteracións intestinais", explica José María Suárez Quintanilla, presidente do Colexio Oficial de Odontólogos da Coruña.

Para a psicoloxía é unha forma de regresión que pode enmarscar problemas máis profundos que necesitan unha abordaxe profesional.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos