Publicador de contidos
Publicador de contidos

A mensaxe de Rafa Benítez logo do triunfo: "Hai que estar unidos"

A mensaxe de Rafa Benítez logo do triunfo: "Hai que estar unidos"

"Os que poñen a camisola son xogadores do Celta, dá igual de onde veñan", comentou sobre a ausencia de canteiráns no equipo titular despois de 15 anos

G24.gal 01/03/2024 23:39

O triunfo deulle un respiro importante ao proxecto de Rafa Benítez, moi cuestionado na bancada nas últimas datas. O adestrador pediu unión para os once partidos que quedan e recoñeceu que o triunfo é un paso adiante á procura da salvación.

"Hai unha prioridade que é o Celta. Agardo que a xente o interprete ben, quedan 11 partidos e hai que estar unidos".

"Demos un acelerón neste maratón. Pero hai que seguir para non precisar un esprinte na recta final".

Despois de quince anos o Celta non xogou un partido con canteiráns. Benítez recoñeceu que xogaron "os que mellor se atopaban e, se cadra, tiñamos razón" visto o partido que realizou o equipo vigués. A mensaxe do adestrador é que el só distingue "xogadores do Celta, dá igual de onde veñan". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar