Publicador de contidos

Publicador de contidos

A matrícula para educación infantil será do 20 ao 30 de xuño

A matrícula para educación infantil será do 20 ao 30 de xuño

As listas provisionais de admitidos publicáronse este xoves e as definitivas estarán dispoñibles o 15 de maio

14.150 nenos comezarán 4º de infantil en Galicia o vindeiro curso

A crise demográfica fai que só se cubrisen un 66,7 % das prazas ofertadas por Educación

G24.gal 25/04/2025 15:50

Un total de 14.150 nenos iniciarán o 4º curso de infantil (3 anos) en Galicia no vindeiro curso escolar, 200 menos que o ano anterior. Deles, o 96,6 % foi admitido no centro que as familias marcaron como primeira opción.

As listas provisionais de admitidos publicáronse este xoves. As definitivas estarán dispoñibles o 15 de maio, e o proceso formal de matrícula desenvolverase entre o 20 e o 30 de xuño, tanto para Infantil como para Primaria.

Oferta e prazas sen cubrir

A Consellería de Educación ofreceu 21.227 prazas para 4º de infantil en toda Galicia. Destas, só se cubriron 14.150, o que representa un 66,7 % do total, deixando o 33,4 % sen ocupar. Estes datos evidencian o impacto da crise demográfica que afecta a comunidade.

Ademais, o curso 2025/26 será o segundo no que se aplicará a redución de ratios nas aulas de 3 anos, cun máximo de 20 alumnos por aula. A porcentaxe de nenos que non accedeu ao colexio elixido como primeira opción pasou do 3 % deste curso ao 3,4 % para o vindeiro.

Por provincias, A Coruña terá o maior número de novos escolares, con 6.028 (96,1 % no centro preferido). Séguea Pontevedra, con 5.110 (97,2%); Lugo, con 1.713 (94,7%), e Ourense con 1.299 (98,9 %).

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade