Publicador de contidos

Publicador de contidos

A lei de familias incluirá un permiso retribuído de cinco días para coidar familiares

A lei de familias incluirá un permiso retribuído de cinco días para coidar familiares

Tamén se ampliará a renda crianza de 100 euros ao mes por cada menor de 3 anos a cargo

Incluirá tamén un novo permiso parental de oito semanas

G24.gal 24/11/2022 21:30

O Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030 levará o vindeiro martes ao Consello de Ministros o anteproxecto da lei de familias, que incluirá finalmente un permiso retribuído de cinco días ao ano para atender un familiar ata segundo grao ou un convivente.

Segundo informan fontes de Dereitos Sociais, a norma incluirá tamén un novo permiso parental de oito semanas, do que poderá gozarse de forma continua ou descontinua ata que o menor cumpra oito anos.

De acordo con esa lei, terán os mesmos dereitos que as familias numerosas as familias monoparentais con dous fillos, as familias con dous fillos en que un ascendente ou descendente teña discapacidade e as familias con dous fillos encabezadas por unha vítima de violencia de xénero ou por un cónxuxe que obtivese a garda e custodia exclusiva sen dereito a pensión de alimentos.

O anteproxecto, segundo as fontes, ampliará a renda crianza de 100 euros ao mes por cada menor de 3 anos a cargo.

O departamento que dirixe Ione Belarra aspiraba a que o permiso retribuído para coidar de familiares ou conviventes fose de sete días ao ano, ampliable a nove se era necesario desprazarse a outra comunidade autónoma, pero finalmente, tras longas negociacións con Facenda que foron atrasando a lei, queda en cinco días.

O seu obxectivo inicial era tamén ampliar a seis meses os permisos de maternidade e paternidade, desde as 16 semanas actuais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade