Publicador de contidos

Publicador de contidos

A científica Marisol Soengas comparte a súa experiencia como doente oncolóxica

A científica Marisol Soengas comparte a súa experiencia como doente oncolóxica

Dirixe o Grupo de Melanoma do CNIO e é un referente mundial neste campo de investigación

G24.gal 06/04/2025 14:45 Última actualización 06/04/2025 16:48

A galega Marisol Soengas é un dos grandes referentes internacionais na investigación do melanoma, o cancro de pel máis agresivo que existe. Mantén unha intensa axenda de traballo, que compatibiliza co seu tratamento oncolóxico e cos autocoidados.

Cos cincuenta xa cumpridos, descubriu que lle gusta correr.

"A semana pasaba corrín os dez quilómetros da carreira da AECC. Aí estou facendo ciclo, exercicio de forza... Estou animada", explica.

Recibiu o diagnóstico de cancro de mama no Nadal de 2023. Desde entón, tamén mira a enfermidade desde a perspectiva do paciente.

"Como paciente e como investigadora reclamo mellores condicións de acceso aos tratamentos e que ese acceso sexa máis rápido. Non pode ser que haxa compostos e tratamentos aprobados en Europa que non estean aprobados aquí e que tarden unha media de 700 días".

 Leva anos insistindo en que España necesita investir moito máis en I+D+i. O grupo que dirixe no Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas descubriu como o melanoma e outros grupo de tumores conseguen evitar a resposta do sistema inmune e resistir á inmunoterapia.

Di que quere gañar tempo, para ela e para os demais, seguir falando de cancro e de avances e continuar compartindo coñecemento. O martes estará no instituto Rosalía de Castro de Compostela, anunciando os gañadores do Premio Stephen Hawking de investigación científica.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade