A investigación do caso Leire non aclara quen está por riba de Cerdán
A xuíza instrutora do caso do irmán do presidente era unha das que quería desacreditar a trama que investiga a Audiencia Nacional. Tamén ian contra o fiscal anticorrupción ou contra mandos da UCO. A investigación non aclara, iso sí, quén estaba por riba de Santos Cerdán, alguén que denomina "O one", é dicir, o primeiro.
Unha trama da que se coñecen os imputados. Pero non quen é o"one" ou "superxefe". A el refirese o xuiz Pedraz en numerosas ocasións. E colocao por riba de Santos Cerdán na estructura da organización.
Cerdán pasou de ser o número dous do PSOE a ser o lider de dúas tramas: a do caso Leire e antes primeiro o cerebro dos amaños de obra pública do caso Koldo.
Leire Díez era o seu brazo executor, a encargada de buscar a información: os obxectivos, o fiscal José Grinda, ao que a trama tentou subornar para obter información e favorecer arquivos de causas. Tamén o consideraban un medio para obter información comprometida sobre o fiscal anticorrupción Alejandro Luzón.
A trama apuntaba tamén á Garda Civil. En concreto, ao teniente coronel da UCO, Antonio Balas, querian ter información sobre el para neutralizar as suas investigacións. Para iso, ofreceron axudas ao comandante Rubén Villalba. E segundo o xuix, outro garda civil, Juan Sánchez Yepes, exmembro da UCO, recibiu pagas para saboterar investigacións comprometedoras para o PSOE.