Publicador de contidos

Publicador de contidos

A intervención dos Estados Unidos en Venezuela abre un escenario incerto para o futuro do país

A intervención dos Estados Unidos en Venezuela abre un escenario incerto para o futuro do país

O experto en relacións internacionais José Manuel Estévez-Sáa cre que a intención dos EUA é xulgar a Maduro por cargos de narcotráfico e promover o ascenso á presidencia de María Corina Machado

Para analizar o que podería acontecer cómpre saber cal será a reacción do Éxercito e o seu apoio a quen asuma a dirección do país entre os altos cargos do réxime con Maduro ausente

G24.gal 03/01/2026 14:54 Última actualización 03/01/2026 17:21

A operacion militar en territorio venezolano e a captura de Nicolás Maduro e a súa muller non sorprenderon aos expertos en relacións internacionais, logo da escalada das actuacións militares que puxo en marcha Trump contra o réxime de Maduro.

"Un dos motivos que alega Donald Trump para acometer este tipo de actuacións, baseándose na lei de seguridade nacional, é o feito de que ten declarado o cártel dos Soles co que relaciona a Nicolás Maduro como organización terrorista estranxeira", explica o experto en relacións internacionais, José Manuel Estévez-Saá.

Para facer unha análise do que podería acontecer hai que ter en conta dous factores.

Por unha banda, cómpre saber cal será a reacción do éxercito e o seu apoio a quen asuma a dirección do país entre os altos cargos do réxime con Maduro ausente.

E, pola outra, cal será a postura dos Estados Unidos á hora de promover un cambio no goberno de Venezuela.

"Agora ábrese un novo panorama. Eu coido que a administración estadounidense tratará de facer valer esas actas das que ten copia e que lle dan a vitoria supostamente con máis de un 60 % a Edmundo González Urrutia nas eleccións do 24. Ou no caso de que queiran abrilo aínda máis, a posibilidade de que busquen un xeito social, un referendo en que o pobo se poida manifestar a favor dunha transición libre e democrática do país" , di o analista Estévez-Saá.

Polo de agora as hipóteses son tantas coma os posibles escenarios a medio prazo, nun momento de moita tensión no interior de Venezuela.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade