Publicador de contidos

Publicador de contidos

A innovación e a investigación galegas baixan á rúa para achegarse á cidadanía

A innovación e a investigación galegas baixan á rúa para achegarse á cidadanía

Os asistentes coñeceron de primeira man como se xestiona a innovación nos recursos naturais, cales son os modelos industriais do futuro e a importancia dun modo de vida saudable.

O RIS3, a Especialización Intelixente de Galicia, é a estratexia global galega para mellorar a competitividade, o crecemento económico e o emprego sostible e de calidade a través da innovación.

G24.gal 17/09/2022 16:39 Última actualización 17/09/2022 17:26

Na alameda de Marín a ciencia baixou á rúa a través da xornada de innovación para a cidadanía que dirixe a Axencia Galega de Innovación. Ás veces fai falta algo máis que un evento para atraer a xente do común, afastada da ciencia, do I+D. Por iso, para colaborar e concienciar, estiveron presentes na xornada caras coñecidas do deporte de elite o do olimpismo galego. 

A RIS3, a estratexia de especialización intelixente, está tutelada pola axencia galega de innovación. Os modelos industriais do futuro pasan por esta estratexia do goberno galego que se estenderá ata o 2027. 

"Que as nosas empresas, as nosas PEMES, poidan en Galicia gañar competitividade por medio da innovación. Pero fundamentalmente dando resposta ás necesidades das persoas, porque a innovación impacta directamente na nosa vida, na vida de todos e todas, en todos os eidos, en todas as esferas do día a día.", conta Patricia Argerey, a directora  Axencia Galega de Innovación.

Nun deses eidos do cotián, por exemplo, no ciclismo, a aplicación dunha tecnoloxía avanzada aplicada fai medrar e mellorar o deporte. Irene Trabazo, campioa española de ciclocrós, que foi unha das caras do evento, ten claro que a mellora nas innovacións engrandece a súa bicicleta.  

"A innovación fixo que moitos elementos do ciclismo nos fixeran gañar na aerodinámica. Ao final son só segundos pero fainos gañar eses segundos día a día. Nós, ao final, estamos en contacto co aire e a innovación permite que lle teñamos menos resistencia, como se o rozaramos menos. E en definitiva, ao fin andamos máis rápidas", explica a Televisión de Galicia Irene Trabazo, que é ciclista profesional.

Para a atleta profesional Desirée Vila innovación é sinónimo da súa prótese, a que lle axudou a poder seguir practicando deporte despois da súa grave lesión cando practicaba ximnasia acrobática. 

"Penso na primeira persoa que pensou en como podemos facer para que unha persoa que non ten unha perna poida bañarse no mar, facer spinning, surf... Todas as actividades que no día a día podo facer son grazas a un pequeno comezo na cabeza de alguén, que se lle iluminou e se puxo a pensar e facer no que podía axudarnos", comenta Desirée Vila, atleta profesional. 

A RIS3 abrangue case todo, a xestión de recursos galegos, nun dos postos da xornada de innovación para a cidadanía había unha colcha feita con proteína animal, o noso modelo industrial e incluso a mellor vida dos nosos maiores baseada nun envellecemento activo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos