Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rueda compromete o apoio da Xunta á industria forestal e madeireira

Rueda compromete o apoio da Xunta á industria forestal e madeireira

O presidente galego destaca a importancia dun sector que fixa poboación e xera riqueza no rural

Rueda visitou este mércores as instalacións de Finsa en Santiago, onde traballan máis de mil persoas
 

Alfonso Rueda durante a visita deste mércores á factoría de Finsa en Santiago (EFE/Lavandeira jr)
G24.gal 12/11/2025 14:41 Última actualización 12/11/2025 14:54

O presidente da Xunta visitou este mércores as instalacións da madeireira Finsa en Santiago, onde traballan máis de mil persoas. A factoría está a facer unha aposta importante polas novas tecnoloxías. De feito, xa emprega a intelixencia artificial para detectar defectos de impresión nos taboleiros que o ollo humano non pode ver.

Alfonso Rueda asegura que "o futuro que se ve aquí con I+D de primeiro nivel permite ir pechando cada vez máis un sector fundamental  en Galicia".

O presidente Rueda garante o apoio da Xunta á industria forestal e madeireira: "Representa moitas das cousas que nos interesa potenciar en Galicia. Un cultivo ordenado do monte con todo o que iso supón para crear riqueza no medio rural, fixar poboación e manter limpo o monte para a prevención de incendios".

Da fábrica de Finsa en Santiago saen ao ano 200.000 cociñas non só para a Península Ibérica, senón tamén para Inglaterra, Francia, Italia e Grecia. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos