Publicador de contidos

Publicador de contidos

A incidencia segue subindo en España, pero sen grande impacto nas hospitalizacións

A incidencia segue subindo en España, pero sen grande impacto nas hospitalizacións

Xa son dúas as comunidades en que os indicadores da incidencia superan os 1.000 casos

G24.gal 16/12/2021 19:08

O Ministerio de Sanidade notificou 28.900 novos positivos por coronavirus e 31 puntos máis en incidencia, ata os 472 casos, de forma que España encadea tres días de forte aumento na trasmisión, máis de 25.000 positivos e 30 putos de aumento en cada xornada.

Con esta transmisión, 10 comunidades xa están no máximo indicador de risco por contaxio. Os indicadores medios de ocupación de ucis e plantas hospitalaria apenas variaron, aínda que persisten amplas diferenzas entre territorios.

Segundo os datos de Sanidade, dos notificados ata hoxe polas comunidades, 17.309 foron diagnosticados nas últimas 24 horas, e consignáronse 48 mortes (77 onte). Tamén prosegue en aumento a incidencia a 7 días -indicador a curto prazo da pandemia- que sobe en 36 puntos ata os 291 puntos.

De momento, a ocupación media nacional nas unidades de coidados intensivos apenas variou -aínda que con disparidades segundo o territorio- e pasa no último día do 13,4 % ao 13,9 %, con 1.292 pacientes graves. En planta hai 5.390, dato de ocupación que supón un 5,3 %

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos